Areladefe xoiería creativa nace en xullo do 2005 co compromiso de facer un traballo artesán, no cal cobra unha especial relevancia a conxugación do tradicional e o contemporáneo. É a xoiería unha vía de expresión para dar forma e plasmar sentimentos e momentos a través dos metais nobres, como o ouro e a prata.

En cada colección sempre están moi presentes as xemas naturais, con elas conséguese dar cor e realismo a cada unha das xoias. En Areladefe tamén se utilizan outros materiais máis alternativos para diferentes xoias como a pel, as caracolas mariñas ou a cerámica.

A natureza e, sobre todo, o mar vense reflectidos en moitas das coleccións.